A |
|
ACONDICIONAMENTO DO TERREO |
A propiedade conservará no seu poder a documentación técnica relativa ós datos resultantes do ensaio xeotécnico do terreo e que serviron de base para a redacción do correspondente proxecto técnico.
Calquera modificación das condicións do terreo sobre o que se asenta o edificio que poida modificar as condicións de traballo previstas no proxecto debe ser xustificada e comprobada mediante os cálculos oportunos, realizados por un técnico competente.
No solo, as variacións de humidade cambian a estructura e comportamiento do mesmo, o que pode producir asentos. Deberase, por tanto, evitar as fugas da rede de saneamento horizontal que poidan producir unha variación no grao de humidade do solo.