P |
|
PARTICIÓNS |
A propiedade conservará no seu poder a documentación técnica relativa ó uso para o que foron proxectadas, debendo utilizarse únicamente para tal fin.
Non se realizará ningunha alteración das premisas do proxecto, xa que un cambio da solución inicial pode ocasionar problemas de humidade, sobrecargas excesivas, etc.
Non se permitirán sobrecargas de uso superiores ás previstas nin alteracións na forma de traballo dos elementos estruturais ou nas condicións de arriostramento.
Deberanse ventilar as habitacións entre 2 e 5 veces ó día. O contido de humidade do aire no ambente elévase constantemente e prodúcese auga por condensación, o que produce danos tales coma formacións de fungos e manchas de humidade. Limparase con produtos especiais e co repintado antimoho que evite a súa transparencia.
Non se deberán utilizar estufas de gas butano, posto que producen unha elevación considerable da humidade. As cortinas deben chegar só ata a repisa da ventana e, ademáis, é aconsellable que entre a cortina e a ventana haxa unha distancia aproximada de 30 cm.