I |
|
INSTALACIÓNS |
A propiedade conservará no seu poder a documentación técnica relativa ó uso para o que foron proxectadas, debendo utilizarse únicamente para tal fin.
É aconsellable non manipular persoalmente as instalacións e dirixirse en todo momento (avaría, revisión e mantenemento) á empresa instaladora específica.
Non se realizarán modificacións da instalación sen a intervención dun instalador especializado e as mismas realizaranse, en calquera caso, dentro das especificacións da regulamentación vixente e coa supervisión dun técnico competente.
Disporáse dos planos definitivos da montaxe de tódalas instalacións, así coma de diagramas esquemáticos dos circuitos existentes, con indicación das zonas ás que prestan servizo, número e características dos mesmos.
O mantenemento e reparación de aparatos, equipos, sistemas e os seus compoñentes empregados nas instalacións, deben ser realizados por empresas ou instaladores-mantenedores competentes e autorizados. Débese dispór dun Contrato de Mantenemento coas respectivas empresas instaladoras autorizadas antes de habitar o edificio.
Existirá un Libro de Mantenemento, no que a empresa instaladora encargada do mantenemento deixará constancia de cada visita, anotando o estado xeral da instalación, os defectos observados, as reparacións efectuadas e as lecturas do potencial de protección.
O titular responsabilizarase de que estea vixente en todo momento o contrato de mantenemento e da custodia do Libro de Mantenemento e do certificado da última inspección oficial.
O usuario disporá do plano actualizado e definitivo das instalacións, aportado polo arquitecto, instalador ou promotor ou ben deberá proceder ó levantamento correspondente daquelas, de xeito que nos citados planos queden reflectidos os distintos compoñentes da instalación.
Igualmente, recibirá os diagramas esquemáticos dos circuitos existentes con indicación das zonas ás que prestan servizo, número e características de tódolos elementos, codificación e identificación de cada unha das liñas, códigos de especificación e localización das caixas de rexistro e terminais e indicación de tódalas características principais da instalación.
Na documentación incluirase razón social e domicilio da empresa subministradora e/ou instaladora.