Q |
|
CUBERTAS |
A propiedade conservará no seu poder a documentación técnica relativa ó uso para o que foron proxectadas, debendo utilizarse únicamente para tal fin.
En xeral, non deben almacenarse materiais nin equipos de instalacións sobre a cuberta. No caso de que fora estrictamente necesario dito almacenamento, deberá comprobarse que o peso deste non sobrepase a carga máxima que a cuberta pode soportar. Ademáis, deberá realizarse unha protección axeitada da súa impermeabilización para que non poida ser danada.
Cando na cuberta dun edificio se sitúen, con posterioridade á súa execución, equipos de instalacións que necesiten un mantenemento periódico, deberán disporse as proteccións axeitadas nas súas proximidades para que durante o desenrolo de ditas operacións de mantenemento non se danen os elementos compoñentes da impermeabilización da cuberta.
No caso de que o sistema de estanqueidade resultara danado coma consecuencia de circunstancias imprevistas e se produxeran filtracións, deberán repararse inmediatamente os desperfectos ocasionados.