C |
|
CIMENTACIÓNS |
A propiedade conservará no seu poder a documentación técnica relativa ós elementos compoñentes da cimentación, na que figurarán as solicitacións para as que foi proxectado o edificio.
Calquera modificación dos elementos compoñentes da cimentación que poidan modificar as condicións de traballo previstas no proxecto debe ser xustificada e comprobada mediante os cálculos oportunos, realizados por un técnico competente.
A cimentación é difícil de manter; é máis sinxelo prever as actuaciós e previr a súa dexeneración atendendo ós factores que poidan alterar a súa durabilidade, dos que protexerse da humidade é o máis importante.