CSV |
|
CIMENTACIÓNS |
SUPERFICIAIS |
ZAPATAS CORRIDAS |
USO
PRECAUCIÓNS
Repararanse rapidamente as redes de saneamento ou abastecemento, en caso de producirse fugas, para evitar danos e humidades.
Comunicarase a un técnico competente a aparición de danos por causa de escavacións ou novas construcións próximas.
Cando se prevea algunha modificación que poida alterar as propiedades do terreo, motivada por construcións próximas, escavacións, servizos ou instalacións, será necesario o ditame dun técnico competente.
As zapatas corridas, agás estar previsto con anterioridade, non estarán espostas á humidade habitual.
Denunciarase calquera fuga observada nas canalizacións de subministración ou evacuación de auga.
A zona de cimento debe manterse no mesmo estado que quedou tras a execución das obras.
Nas revisións periódicas de mantemento da estrutura deberá dictaminarse se se precisa un estudo máis detallado do estado das zapatas do cimento.
PRESCRIPCIÓNS
A propiedade deberá conservar no seu poder a documentación técnica, na que figurarán as cargas previstas, así como as súas características técnicas.
PROHIBICIÓNS
Non se realizarán perforacións nas zapatas corridas.
Non se realizarán escavacións xunto ás zapatas corridas que poidan alterar a súa resistencia.
Non se modificarán as cargas previstas no proxecto sen un estudo previo realizado por un técnico competente.
Non se permitirá ningún traballo na propia cimentación ou en zonas próximas que afecte ás condicións de solidez e estabilidade parcial ou xeral do edificio, sen a autorización previa dun técnico competente.