FAZ |
|
FACHADAS |
VENTILADAS |
SISTEMAS DE FACHADA VENTILADA, PARA REVESTIR |
USO
PRECAUCIÓNS
Evitarase a exposición á acción continuada da humidade, como a provinte de condensacións desde o interior ou a de ascenso capilar.
Alertarase de posibles filtracións desde as redes de subministración ou evacuación de auga.
Evitaranse golpes e rozaduras con elementos punzantes ou pesados que poidan romper a folla.
Evitarase a vertedura sobre a folla de produtos cáusticos e de auga procedente de xardineiras.
PRESCRIPCIÓNS
Se se observara risco de desprendimento, aparición de fisuras, esborralles ou envellecemento indebido, deberase avisar a un técnico competente.
A apertura de rozas deberase realizar cun estudo previo dun técnico competente.
Antes de proceder á limpeza deberase realizar un recoñecemento, por un técnico competente, do estado dos materiais e do axeitado do método a empregar.
As pezas deterioradas deberán substituírse por outras das mesmas características que as existentes, procurando seguir as especificacións dun técnico competente.
No caso de aparición de gretas, consultarase cun técnico competente.
As manchas ocasionais e pintadas deberanse eliminar mediante procedimentos axeitados ó tipo de sustancia implicada.
PROHIBICIÓNS
Non se apoiarán obxectos pesados nin se aplicarán esforzos perpendiculares ó seu plano.
Non se encaixarán nin se apoiarán na folla elementos estruturais tales como vigas ou viguetas que exerzan unha sobrecarga concentrada, non prevista no cálculo.
Non se modificarán as condicións de carga das follas nin se excederán as previstas no proxecto.
Non se suxeitarán elementos sobre a folla tales como cables, instalacións, soportes ou ancoraxes de rótulos, que a poidan danar ou provocar entrada de auga ou a súa chorreira.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada ano:
Inspección visual para detectar:
Posible aparición e desenvolvemento de gretas e fisuras, así como esborralles ou outras deformacións.
Erosión anormal ou excesiva de panos ou pezas illadas, desconchados ou descamacións.
Erosión anormal ou perda do morteiro das xuntas, aparición de humidades e manchas diversas.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 5 anos:
Limpeza mediante os procedementos usuais tales coma lavado con auga, limpeza química ou proxección de abrasivos.