IFA |
|
INSTALACIÓNS |
FONTANERÍA |
ACOMETIDAS |
USO
PRESCRIPCIÓNS
O papel do usuario deberase limitar á observación da instalación e as súas prestacións.
Calquera anomalía observada deberá ser comunicada inmediatamente á compañía subministradora.
As acometidas que non sexan utilizadas inmediatamente tras a súa terminación, ou que estean paradas temporalmente, deberanse pechar na condución de abastecimento.
As acometidas que non se utilicen durante un ano deberán ser taponadas.
Se houbese que proceder ó troco ou substitución dalgún ramal ou parte da instalación, deberase atender ás recomendacións que faga o especialista en a materia, fundamentalmente nos aspectos concernentes a idoneidade e compatibilidade dos posibles materiais a empregar.
Se hai fuga, deberase cambiar a empaquetadura.
No caso de que faia que realizar calquera reparación, deberá baleirarse e illarse o sector no que se atope a avaría, procedendo a pechar todas as chaves de paso e a abrir as chaves de desaugadoiro. Cando se realice a reparación, procederase á limpeza e desinfección do sector.
PROHIBICIÓNS
Ó ser propiedade da compañía subministradora, non será manipulable polo usuario.
Non se manipularán nin modificarán as redes nin se realizarán cambios de materiais nas mesmas.
Non se deixará a rede sen auga.
Non se utilizarán as tubxes da instalación de fontanería como condutores para a instalación de posta a terra.
Aínda que discorran por tramos interiores, non se eliminarán os illamentos que as protexan.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada ano:
Limpeza das arquetas, ó final do verán.
Comprobación do bo funcionamento de apertura e peche das chaves.
Cada 2 anos:
Revisión das chaves, en xeral.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada ano:
Inspección e limpeza da chave de corte da acometida, con lubricación das partes móbiles sobre o eixo do fusiño e empaquetadura se aquel estivese agarrotado.
Verificación da ausencia de pingueo.
Cada 2 anos:
Revisión da instalación en xeral e, se existisen indicios dalgunha manifestación patolóxica tales como corrosión ou incrustación, efectuaríase unha proba de estanqueidade e presión de funcionamento, baixo a supervisión dun técnico competente.