IGM |
|
INSTALACIÓNS |
GAS |
CONDUCIÓNS |
USO
PRECAUCIÓNS
O usuario utilizará os distintos elementos e equipos ou compoñentes da instalación nas súas condicións normais recomendadas polo fabricante. Para iso, seguirá as instrucións indicadas no catálogo ou manual correspondente, sen forzar ou expoñer a situacións límite que poderían comprometer gravemente o correcto funcionamento dos mesmos.
PRESCRIPCIÓNS
O usuario deberá dispoñer do plano actualizado e definitivo da instalación dos montantes, de xeito que no devandito plano queden reflexados as distintas compoñentes da instalación, mediante un símbolo e/ou número específico.
Calquera modificación que se desexe realizar nas redes de distribución de gas deberá contar co asesoramento dun técnico competente.
En instalacións de ata 70 kw de potencia instalada, a inspección comprenderá desde a chave de vivenda ou de local comercial privado ata os aparellos de gas, incluídos estes.
En instalacións centralizadas de calefacción e instalacións de máis de 70 kw de potencia instalada, a inspección comprenderá desde a chave de edificio ata a conexión dos aparellos de gas, excluídos estes.
De forma xeral, e con independencia da potencia instalada, nas instalacións fornecidas a unha presión máxima de operación superior a 5 bar a inspección comprenderá desde a chave de instalación de enganche ata a conexión dos aparellos de gas, excluídos estes.
Sempre que se revisen as instalacións, un instalador autorizado reparará os defectos que poidan presentar fugas ou deficiencias de funcionamento en conducións, accesorios e resto de equipos.
PROHIBICIÓNS
Non se manipularán nin modificarán as redes nin se realizarán cambios de materiais.
Non se utilizarán as tubaxes da instalación de gas como condutores para a instalación de posta a terra.
Non se fixará ningún tipo de elemento á instalación.
MANTEMENTO
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 5 anos:
Realización dunha proba de estanqueidade á presión de servizo da condución.
Revisión da instalación, emitindo un certificado acreditativo da devandita revisión que quedará en poder do usuario.