IPE |
|
INSTALACIÓNS |
PROTECCIÓN FRONTE Ó RAIO |
SISTEMAS EXTERNOS |
USO
PRESCRIPCIÓNS
Sempre que caia algún raio no noso sistema débese avisar a un instalador autorizado.
Nas instalacións de protección contra o raio, as reparacións necesarias deberanse procesar coa máxima urxencia, xa que un funcionamento deficiente representa un risco elevado.
O usuario nestes casos deberá limitarse, dentro das súas escasas posibilidades, á detección visual daqueles aspectos que evidencian anomalías dos elementos visibles do conxunto, como corrosións, desprendementos ou cortes. A consecuencia destes feitos, ó igual que o caer algún raio no sistema, supón a chamada a un instalador autorizado.
Sempre que se revisen as instalacións, repararanse os defectos atopados e, en caso de que sexa necesario, se repoñerán as pezas que o precisen.
Despois de cada descarga eléctrica deberase realizar unha inspección xeral do sistema, con especial atención á súa conservación fronte á corrosión, firmeza das suxeicións e comprobación da continuidade eléctrica da rede condutora e a súa conexión a terra.
PROHIBICIÓNS
En situacións de tormenta non se estará próximo ó condutor que une o pararraios coa rede de terra.
MANTEMENTO
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada ano:
Comprobación de:
O cabezal do pararraios.
O amarre e o posible ferruxe do mastro.
O amarre, os conectores e o tubo de protección do cable condutor.
O amarre e os conectores da toma de terra.
A resistencia da toma de terra non debe sobrepasar 10 ohm.
Que ningún elemento novo variou as condicións do estudo de instalación do pararraios orixinal no relativo á súa área de cobertura.