RDM |
|
REVESTIMENTOS |
DECORATIVOS |
MADEIRAS |
USO
PRECAUCIÓNS
Evitarase o uso de materiais de madeira en baños, cociñas ou locais con posible humidade e o roce de elementos duros sobre estas superficies.
Evitaranse golpes con obxectos contundentes ou punzantes, prestando especial atención ás rozaduras con mobles ou outros elementos pesados e ríxidos.
PRESCRIPCIÓNS
Se se observara a aparición de manchas que poidesen penetrar nas pezas por absorción debido á súa porosidade, deberanse eliminar inmediatamente.
No caso de desprendemento de pezas, deberase comprobar o estado do soporte.
No caso de presenza de fungos deberase comunicar a un profesional cualificado para que proceda a un saneado do panel e estude a orixe desta lesión.
A eliminación de manchas deberase facer con baieta húmida ou con produtos axeitados ó tipo de verniz, evitando os produtos abrasivos.
As reparacións do revestimento que por deterioro e obras realizadas se visen afectados, deberanse realizar con materiais análogos ós do revestimento orixinal.
Os paneis deteriorados deberanse reparar mediante puído e acoitelado ou substituírse, se fose necesario, por outros das mesmas características, acabados e cores.
Deberanse repoñer os selados, tapaxuntas ou elementos de unión entre paneis, cando sexa necesario.
PROHIBICIÓNS
Non se admitirá a suxeición de elementos de empanelado sobre o revestimento lixeiro que poidan danar as pezas ou provocar o seu desprendemento. Se é o caso, ditos elementos deberán anclarse ao soporte, coas limitacións que teña este.
Non se limparán con produtos químicos, espátulas ou estropallos abrasivos que deterioren ou risquen a superficie do panel ou provoquen a súa decoloración ou tintado.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada 2 meses:
Limpeza das superficies de madeira, en seco ou con aspiradora.
Cada ano:
Inspección visual para detectar nas pezas anomalías ou desperfectos, coma riscados, punzonamentos e desprendementos do soporte base ou manchas diversas.