UVP |
|
URBANIZACIÓN INTERIOR DA PARCELA |
CERRAMENTOS EXTERIORES |
PORTAS |
USO
PRECAUCIÓNS
Evitaranse golpes que poidan provocar deformacións na folla, armazóns, marco, guías ou mecanismos.
Evitaranse os portazos cando existan fortes correntes de aire.
Regularase o mecanismo eléctrico nas portas de peche automático.
PRESCRIPCIÓNS
Se se observase calquera tipo de anomalía, rotura, deterioración das pechaduras e pezas fixas ou dos elementos mecánicos ou móbiles das lambas e perfís, deberase avisar a un técnico competente.
No caso de reparación ou reposición dos elementos mecánicos ou móbiles, deberanse reparar ou substituír por parte dun profesional cualificado.
Debe coidarse a limpeza e evitarse a obstrucción dos rebaixes do marco onde encaixa a folla. Así mesmo, deberán estar limpos de suciedade e pintura os ferraxes de colgue e peche (palmelas e pechaduras).
PROHIBICIÓNS
Non se colgará dos marcos ou da folla ningún obxecto nin se fixará sobre eles.
Non se apoiarán obxectos pesados nin se aplicarán esforzos perpendiculares ó seu plano.
Non se utilizarán produtos abrasivos na súa limpeza.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada 6 meses:
Revisión dos ferraxes de pendurar (engraxándoos con aceite lixeiro se fóra necesario), do estado dos mecanismos e do líquido de freo de retención, no seu caso, e do estado dos elementos do equipo automático.
Cada ano:
Revisión e engraxe dos ferraxes de peche e de seguridade.
Revisión do estado das chapas, perfís, marcos, montantes e traveseiros para detectar posibles roturas e deformacións, así como perda ou deterioración da pintura ou tratamento externo anticorrosivo.
Segundo o material e o seu acabado, limpeza das follas e perfís cunha esponxa ou pano humedecido ou algo de deterxente neutro, procedendo con suavidade para non riscar a superficie.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 3 anos:
Repintado.