IOE |
|
INSTALACIÓNS |
CONTRA INCENDIOS |
ESCALEIRAS DE EMERXENCIA |
USO
PRECAUCIÓNS
Evitarase calquera uso que someta ós elementos a solicitacións non previstas.
PRESCRIPCIÓNS
A propiedade deberá conservar no seu poder a documentación técnica relativa a os elementos realizados, na que figurarán as solicitacións para as que foron previstas.
No caso de producirse fugas de saneamento ou abastecemento que discorran xunto á base da estrutura, repararanse rapidamente para que a humidade non ocasione ou acelere procesos de corrosión en placas ou bases de soportes, en combinación con xeadas ou outra patoloxía como fisuras.
Cando se prevea unha modificación que poida alterar as solicitacións previstas, será necesario o ditame dun técnico competente.
Os elementos estruturais deteriorados ou en mal estado deberanse reparar ou substituír.
Nas revisións periódicas de mantemento da estrutura deberá dictaminarse se se precisa un estudo máis detallado.
PROHIBICIÓNS
Non se manipularán os elementos estruturais nin se modificarán as solicitacións previstas en proxecto sen un estudo previo realizado por un técnico competente.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada ano:
Inspección visual pola posible aparición de humidades que poidan deteriorar a ancoraxe metálica dos soportes á cimentación da estrutura metálica.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 3 anos:
Inspección visual, observando o estado de conservación da protección contra a corrosión e o lume da estrutura, procedéndose ó repintado ou reparación se fose preciso.
Protección da estrutura metálica con antioxidantes e esmaltes ou similares.