IOT |
|
INSTALACIÓNS |
CONTRA INCENDIOS |
SISTEMAS DE EXTINCIÓN FIXOS |
USO
PRECAUCIÓNS
Evitarase o uso indebido dos elementos componentes do sistema.
PRESCRIPCIÓNS
Perante calquer modificación na instalación ou nas súas condicións de uso (ampliación da instalación ou cambio de destino do edificio) un técnico competente especialista na materia deberá realizar un estudo previo.
O usuario deberá consultar e seguir sempre as instruccións de uso entregadas na compra dos aparatos e equipos.
PROHIBICIÓNS
Non se manipulará ningún dos elementos que forman o conxunto do sistema.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada 3 meses:
Comprobación do bo estado dos rociadores, libres de obstáculos para o seu correcto funcionamento.
Comprobación do bo estado dos compoñentes do sistema, especialmente da válvula de proba nos sistemas de rociadores, ou os mandos manuais da instalación dos sistemas de pó ou os axentes extintores gaseosos.
Comprobación do estado de carga da instalación dos sistemas de pó (anhídrido carbónico, ou hidrocarburos haloxenados e das botellas de gas impulsor cando existan).
Nos sistemas con indicacións de control, comprobación dos circuítos de sinalización e pilotos.
Limpeza xeral de todas as súas compoñentes.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada ano:
Verificación das compoñentes do sistema, especialmente os dispositivos de disparo e alarma.
Comprobación da carga de axente extintor e do indicador da mesma (medida alternativa do peso ou presión).
Comprobación do estado do axente extintor.
Proba da instalación nas condicións da súa recepción.