ICE |
|
INSTALACIÓNS |
CALEFACCIÓN, CLIMATIZACIÓN Y A.Q.S. |
EMISORES POR AUGA PARA CLIMATIZACIÓN |
USO
PRECAUCIÓNS
A instalación manterase chea de auga, incluso nos periodos de non funcionamento, para evitar oxidacións pola entrada de aire.
Consultaranse as instruccións de uso entregadas na compra dos aparatos.
PRESCRIPCIÓNS
Salvo os mandos do frontal, calquera outra manipulación deberá realizala un profesional cualificado.
Perante calquer modificación na instalación ou nas súas condicións de uso (ampliación da instalación ou cambio de destino do edificio) un técnico competente especialista na materia deberá realizar un estudo previo.
Os radiadores de chapa de aceiro, de ferro fundido, de aluminio e de paneis de chapa de aceiro deberanse purgar ante unha caída anómala da temperatura.
Os radiadores de aluminio deberanse purgar cada semán nas dúas primeiras temporadas de calefacción, para evitar a acumulación de gases xerados polo radiador.
Os purgadores dos radiadores deberanse montar coas súas pezas especiais.
Despois de calquera reparación na instalación, deberanse purgar os radiadores.
Sempre que se revisen as instalacións, un profesional cualificado deberá reparar os defectos atopados e adoptar as medidas oportunas.
PROHIBICIÓNS
Os radiadores e paneis non se taparán nin cobrirán parcialmente.
Non se cargará sobre eles ningún tipo de peso.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada ano:
Purgado dos radiadores de ferro fundido, chapa de aceiro e aluminio, ó comezo da temporada de calefacción.
Inspección visual de fugas e comprobación do pechado total dos purgadores dos radiadores.
Axustamento da potencia de emisión por medio da chave de regulación en radiadores de ferro fundido, chapa de aceiro e aluminio.
Cada 5 anos:
Pintado dos radiadores de ferro fundido e chapa de aceiro, sempre cando estean fríos.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 2 anos:
Revisión completa da instalación e do circuíto de radiadores.