ICR |
|
INSTALACIÓNS |
CALEFACCIÓN, CLIMATIZACIÓN Y A.Q.S. |
SISTEMAS DE CONDUCCIÓN DE AIRE |
USO
PRECAUCIÓNS
Terase especial coidado na manipulación das grellas e difusores de aire.
PRESCRIPCIÓNS
A propiedade deberá recibir á entrega da vivenda, os planos definitivos do percorrido dos condutos que forman parte da instalación de climatización e indicación das principais características da mesma. A documentación incluirá razón social e domicilio da empresa instaladora.
Perante calquer modificación na instalación ou nas súas condicións de uso (ampliación da instalación ou cambio de destino do edificio) un técnico competente especialista na materia deberá realizar un estudo previo.
O mantemento da instalación deberá ser realizado por un instalador autorizado da empresa responsable.
O usuario deberá avisar a un profesional cualificado ante a detección de calquera anomalía.
Sempre que se revisen as instalacións, un profesional cualificado deberá reparar os defectos atopados e adoptar as medidas oportunas.
Deberanse reflexar nos planos da propiedade todas aquelas modificacións que se produzan coma consecuencia dos traballos de reparación da instalación.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada 6 meses:
Preferiblemente antes da tempada de utilización:
Comprobación nos condutos do estado do seu illamento, puntos de ancoraxe, conexións e limpeza.
Limpeza dos difusores de aire.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada mes:
Revisión de ventiladores, para instalacións de potencia térmica nominal > 70 kW.
Cada 6 meses:
Revisión de unidades terminais de distribución de aire, unha ó inicio da temporada e outra á mitade do período de uso, para instalacións de potencia térmica nominal > 70 kW.
Cada ano:
Revisión de unidades terminais de distribución de aire, para instalacións de potencia térmica nominal <= 70 kW.