ITA |
|
INSTALACIÓNS |
TRANSPORTE |
ASCENSORES |
USO
PRECAUCIÓNS
O uso da chave de apertura de portas en caso de emerxencia limitarase exclusivamente a operacións de rescate en momentos de avarías.
A iluminación do recinto do ascensor permanecerá apagada, agás cando se proceda a reparacións no interior do mesmo.
O cuarto de máquinas será accesible unicamente á persoa encargada do servizo ordinario e ó persoal da empresa conservadora.
A empresa instaladora facilitará unha chave para apertura de portas en caso de emerxencia á persoa encargada do servizo ordinario dos ascensores.
O uso desta chave limitarase exclusivamente ás operacións de rescate das persoas que viaxasen no camarín no momento da avaría.
PRESCRIPCIÓNS
Se algunha das comprobacións realizadas polo usuario fose desfavorable e observase algunha outra anomalía no funcionamento do ascensor, deberá deixar este fóra de servizo cortando o interruptor de alimentación do mesmo, colocará en cada acceso carteis indicativos de "Non Funciona" e avisará á empresa conservadora.
Se a anomalía observada é que pode abrirse unha porta de acceso ao ascensor sen estar fronte a ela o recinto, ademais do letreiro de "Non Funciona", deberase deixar fóra de servizo o ascensor e condenarse a porta, impedindo a súa apertura.
Calquera deficiencia ou abandono na debida conservación da instalación deberase denunciar diante da Delegación de Industria correspondente, a través do propietario ou administrador do inmoble.
Deberase conservar en bo estado o libro de rexistro de revisións.
Sempre que se revisen as instalacións (atención de avisos, engraxes e axustes, reparación ou recambio de calquera compoñente do conxunto), un instalador autorizado deberá reparar os defectos atopados e repoñer as pezas que así o precisen.
Os elementos e equipos da instalación deberán ser manipulados única e exclusivamente polo persoal da empresa fabricante ou polo servizo de mantemento contratado para tal efecto (empresa conservadora, autorizada por os Servizos Territoriais da administración Pública).
PROHIBICIÓNS
Non se utilizará o camarín por un número de persoas superior ó indicado na placa de carga nin para unha carga superior á que figura na mesma.
Non se accionará o pulsador de alarma, salvo en caso de emerxencia.
Non se fará uso indiscriminado do botón de parada, debéndose utilizar unicamente en caso de emerxencia.
Non se saltará nin se realizarán outros movementos violentos.
Non se obstruirán as guías da porta.
Non se utilizará cando, directa o indirectamente, se teña coñecemento de que non reúne as debidas condicións de seguridade.
Non se utilizará como montacargas, para evitar a súa deterioración.
Non se maltratarán os seus acabados nin a súa botoneira.
Non se obstaculizará o peche das súas portas.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada 6 meses:
Comprobación de:
O cumplimento das instruccións da empresa conservadora.
O bo funcionamento do ascensor.
O correcto funcionamento das portas.
A nivelación do camarín en todas as plantas.
Baixando a pé, comprobarase en todas as prantas que as portas semiautomáticas non se poden abrir sen que esté o camarín parado nesa pranta.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada mes:
Limpeza do foso do recinto do ascensor.
Comprobación do funcionamento da instalación de iluminación do recinto do ascensor, reparándose os defectos atopados.
Comprobación do funcionamento do teléfono interior.
Limpeza do cuarto de máquinas evitando que caia suciedade ó recinto.
Cada 6 meses:
Revisión e emenda dos problemas que xurdan nos ascensores eléctricos, polo menos nos seguintes elementos:
Portas de acceso e o seu encravamento.
Cable de tracción e os seus amarres.
Grupo tractor e mecanismo de freno.
Paracaídas e limitador de velocidade.
Topes elásticos e amortiguadores.
Alarma e parada de emerxencia.
Cabina e o seu acceso.
Contrapeso.
Circuítos eléctricos de seguridade, sinalización e manobras que afectan á seguridade.
Oco do ascensor.
Revisión e emenda dos problemas que xurdan nos ascensores hidraúlicos, polo menos nos seguintes elementos:
Portas de acceso e o seu encravamento.
Cable de tracción, se o houbese, e os seus amarres.
Grupo tractor.
Topes elásticos e amortiguadores.
Alarma e parada de emerxencia.
Cabina e o seu acceso.
Circuítos eléctricos de seguridade, sinalización e manobras que afectan á seguridade.
Oco do ascensor.
Cada 6 anos:
Inspección e comprobación da instalación completa.