EAZ |
|
ESTRUCTURAS |
ACEIRO |
REFORZOS |
USO
PRECAUCIÓNS
Cando se prevea unha modificación que poida alterar as solicitacións previstas, será necesario o ditame dun técnico competente.
PRESCRIPCIÓNS
No caso de producirse fugas de saneamento ou abastecemento, ou infiltracións de cuberta ou fachada, repararanse rapidamente para que a humidade non ocasione ou acelere procesos de corrosión da estrutura.
A propiedade deberá conservar no seu poder a documentación técnica relativa ós elementos realizados, na que figurarán as solicitacións para as que foron previstos.
PROHIBICIÓNS
Non se manipularán os perfís nin se modificarán as solicitacións previstas en proxecto sen un estudo previo realizado por un técnico competente.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada ano:
Inspección visual de fisuras en forxados e tabiques, así coma de humidades que poidan deteriorar a estrutura metálica.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada ano:
Protección doa estrutura metálica con antioxidantes e esmaltes ou similares, en ambientes agresivos.
Cada 3 anos:
Protección doa estrutura metálica con antioxidantes e esmaltes ou similares, en ambientes non agresivos.
Inspección do estado de conservación da protección contra o lume dos perfís vistos, procedendose ó repintado ou reparación se fóra preciso. Para volver a pintar o perfil, abondará con limpar as manchas se o recobrimento está en bo estado. No caso de existir bochas, descascados, agrietamiento ou calquera outro tipo de defecto, como paso previo á pintura, eliminaranse as partes soltas con cepillo de arame, aplicarase unha composición decapante, puirase e lavarase.
Cada 10 anos:
Inspección visual, facéndoa extensiva ós elementos de protección, especialmente ós de protección contra incendio.