EHV |
|
ESTRUCTURAS |
FORMIGÓN ARMADO |
VIGAS |
USO
PRECAUCIÓNS
Denunciarase calquera fuga observada nas canalizacións de subministración ou evacuación de auga.
No caso de realizar grandes orificios, procurarase distancialos e evitarase deixar ó aire ferros da armadura.
Evitaranse situacións de humidade persistente que poidan ocasionar corrosión dos ferros.
PRESCRIPCIÓNS
Cando se prevea unha modificación do uso que pueda alterar as solicitacións previstas, será necesario o ditame dun técnico competente.
Indicarase de xeito visible, especialmente en locais comerciais, de almacenamento e de paso, a limitación de sobrecargas a que quedan suxetos.
No caso de quedar ferros ó descuberto, as armaduras deberanse protexer con resinas sintéticas que aseguren a perfecta unión co formigón existente, nunca con xeso.
Erosións, desconchóns e/ou humidades non persistentes, serán reparadas por un técnico competente.
PROHIBICIÓNS
Non se erguerán cerramentos naqueles lugares que non estean previstos en proxecto, xa que poden ser causantes de deformacións excesivas polo aumento de cargas.
Está terminantemente prohibida toda manipulación (picado ou perforado) que diminúa a súa sección resistente ou deixe as armaduras ao descuberto. Neste último caso, nunca se protexerán con xeso as armaduras.
Non se realizarán grandes orificios sen supervisión dun técnico competente.
Non se sobrepasarán as sobrecargas de uso nin as hipóteses de carga.
Prohibirase calquera uso que produza unha humidade maior que a habitual.
MANTEMENTO
POLO USUARIO
Cada 5 anos:
Inspección visual, observando se aparecen fisuras e gretas, deformacións, saltaduras no revestimento de formigón, manchas de óxido en elementos de formigón armado ou calquera outro tipo de lesión.
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 5 anos:
Inspección, observando se aparecen nalgunha zona fisuras no falso teito, frechas excesivas, así como sinais de humidade.
Renovación das xuntas estruturais nas zonas de selado deteriorado.