IEC |
|
INSTALACIÓNS |
ELÉCTRICAS |
CAIXAS XERAIS DE PROTECCIÓN |
USO
PRECAUCIÓNS
Procurarase non obstruír o acceso libre e permanente da compañía suministradora ó nicho onde se situa a caixa xeral de protección do edificio.
PRESCRIPCIÓNS
Perante calquer modificación na instalación ou nas súas condicións de uso (ampliación da instalación ou cambio de destino do edificio) un técnico competente especialista na materia deberá realizar un estudo previo.
Despois de producirse algún incidente na instalación eléctrica, comprobarase mediante inspección visual o estado do interruptor de corte e dos fusibles de protección.
PROHIBICIÓNS
Non se realizarán obras xunto ó nicho onde sitúase a caixa xeral de protección, nin conexións de ningún tipo, sen autorización da compañía suministradora.
MANTEMENTO
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada 2 anos:
Comprobación mediante inspección visual deo estado do interruptor de corte e dos fusibles de protección, reparándose os defectos atopados.
Comprobación do estado fronte á corrosión da porta metálica do nicho.
Comprobación da continuidade do condutor de posta a terra do marco metálico da porta, reparándose os defectos atopados.
Cada 5 anos:
Comprobación dos dispositivos de protección contra curtocircuítos, contactos directos e indirectos, así como as súas intensidades nominais en relación coa sección dos condutores que protexen, reparándose os defectos atopados.