IEP |
|
INSTALACIÓNS |
ELÉCTRICAS |
POSTA A TERRA |
USO
PRECAUCIÓNS
Procurarase que calquera nova instalación (pararraios, antena de TV e FM, enchufes eléctricos, masas metálicas dos aseos e baños, fontanería, gas, calefacción, depósitos, caldeiras, guías de aparellos elevadores) e, en xeral, todo elemento metálico importante, estea conectado á rede de toma de terra do edificio.
PRESCRIPCIÓNS
O usuario deberá dispoñer do plano actualizado e definitivo da instalación de toma de terra, de xeito que no devandito plano queden reflectidos os distintos compoñentes da instalación: liñas principais de terra, arqueta de conexión e electrodos de toma de terra, mediante un símbolo e/ou número específico.
Perante calquer modificación na instalación ou nas súas condicións de uso (ampliación da instalación ou cambio de destino do edificio) un técnico competente especialista na materia deberá realizar un estudo previo.
Todos os electrodomésticos e luminarias que incorporen a conexión correspondente conectaranse á rede de terra.
O punto de conexión a terra e a súa arqueta deberán estar libres de obstáculos que impidan a súa accesibilidade. Diante dunha secura extraordinaria do terreo, se realizará un humidecimento xornal da rede de tomas de terra (sempre que a medición da resistencia de terra o demande e baixo a supervisión de profesional cualificado).
PROHIBICIÓNS
Non se interrompirán ou cortarán as conexións da rede de terra.
Non se utilizarán as tubaxess metálicas como elementos de posta a terra de aparatos.
MANTEMENTO
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada ano:
Na época en que o terreo estea máis seco e despois de cada descarga eléctrica, comprobación da continuidade eléctrica e reparación dos defectos atopados nos seguintes puntos de conexión a terra:
Instalación de pararraios.
Instalación de antena colectiva de TV e FM.
Enchufes eléctricos e masas metálicas dos aseos.
Instalacións de fontanería, gas e calefacción, depósitos, caldeiras, guías de aparellos elevadores e, en xeral, todo elemento metálico importante.
Estruturas metálicas e armaduras de muros e soportes de formigón.
Cada 2 anos:
Comprobación da liña principal e derivadas de terra, mediante inspección visual de todas as conexións e o seu estado fronte á corrosión, así coma a continuidade das liñas. Reparación dos defectos atopados.
Comprobación de que o valor da resistencia de terra segue sendo inferior a 20 Ohm. No caso de que os valores obtidos de resistencia a terra fosen superiores ó indicado, suplementaranse electrodos en contacto co terreo ata restablecer os valores de resistencia a terra de proxecto.
Cada 5 anos:
Comprobación do illamento da instalación interior (entre cada condutor e terra e entre cada dous condutores non deberá ser inferior a 250.000 Ohm). Reparación dos defectos atopados.
Comprobación do conductor de protección e da continuidade das conexións equipotenciais entre masas e elementos condutores, especialmente se se realizaron obras en aseos, que puidesen dar lugar ó corte dos condutores. Reparación dos defectos atopados.