IER |
|
INSTALACIÓNS |
ELÉCTRICAS |
XERADORES DE ENERXÍA ELÉCTRICA |
USO
PRECAUCIÓNS
Antes da súa posta en marcha, lerase con detención o manual de uso fornecido polo provedor.
PRESCRIPCIÓNS
O aceite e os filtros de aceite do motor, deberanse cambiar no intervalo de tempo recomendado.
Cando o indicador o advirta, deberase substituir o filtro do aire do motor.
Deberase prestar unha atención periódica ó estado dos devanados, en especial cando os xeradores estivesen inactivos durante un longo tempo.
Deberase comprobar periodicamente o desgaste ou perda de aceite dos chumaceiras, substituíndoos se fose necesario e en calquera caso, serán substituídos despois de 40000 horas en servizo.
Examinarase a posición das escobillas, debendo reemplazarse cando se gastase unha cuarta parte da súa lonxitude.
Os aneis rozantes deberanse limpar de forma cíclica, quitándolles todo o pó ou suciedade que os cobra, especialmente cando se cambian as escobillas.
A batería deberase rechear, xa que o uso normal e a carga de baterías terá como efecto unha evaporación do auga.
PROHIBICIÓNS
Está prohibido manipular, modificar, ou reparar a instalación por persoal que non sexa instalador autorizado.
MANTEMENTO
POLO PROFESIONAL CUALIFICADO
Cada ano:
Control do nivel do aceite do motor.
Comprobación e axuste das correas de elementos auxiliares.
Substitución do refrixerante e lavado do sistema de refrixeración no mesmo momento.
Substitución do filtro de combustible.
Enchido das baterías.
Comprobación da carga da batería mediante un densímetro.